Sobre min

Chámome Iago Hermo, e son un compositor, pianista e director galardoado especializado en música contemporánea e creación de producións escénicas para ópera e teatro musical.

Tendo comezado a miña educación como pianista clásico (pequena mentira, de feito comecei tocando a frauta traveseira na banda da miña vila e logo paseime ao piano), axiña desenvolvín un interés en compoñer e interpretar música contemporánea. Así é como comecei a investigar, escribir e interpretar música experimental mesturando os sons do piano e da música electrónica. Os meus estudos en composición musical e dirección da música contemporánea en Maastricht con Vykintas Baltakas axudáronme a ampliar a miña visión cara este obxetivo. Isto abriu a posibilidade de tocar a miña música en diferentes salas, festivais e países, así como recibir encargos e ver a miña música interpretada arredor do mundo.

A parte do meu traballo instrumental, comecei o meu propio estudo de creación de ópera / teatro musical chamado Póppera, comezando coa estrea da miña ópera multimedia Cidade sen luz no Muziegieterij de Maastricht (Países Baixos) en xullo de 2019. A través deste estudo traballo na creación e desenrolo de propostas teatrais/operísticas usando música electrónica e escenografías dixitais. 

Levo involucrado no mundo da educación por máis de 10 anos en diferentes escolas, primeiro en Galicia, e actualmente en Amsterdam (Países Baixos). 10 anos ensinando piano, e posteriormente outras asignaturas como teoría da música, composición e dirección, que me fixeron moi consciente dos enormes beneficios e vantaxes grazas á educación musical, tanto para estudantes novos como adultos. Esta é a razón pola que, ademáis da miña carreira artística, manteño a miña paixón por ensinar, o mellor que podo, a todos e cada un dos amantes da música que se apuntan aos meus cursos.

“A música é o arte de (des)organizar sons”

Isto é o que creo, o que interpreto, e o que ensino.